Friday 10 de May de 2024

Conmemoración do Día do Voluntariado cunha xornada sobre intelixencia emocional


 

O Concello de Riveira conmemorou o Día Internacional do Voluntariado cunha xornada formativa sobre intelixencia emocional.

Ata alí acudiron o alcalde de Riveira e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño, para das as grazas polo labor que de xeito altruísta realizan os voluntarios nos máis diversos eidos: enriquecemento educativo, acompañamento de enfermos no hospital e na residencia do maior, labores de tradución e mediación con familias inmigrantes, colaboración en eventos deportivos e na biblioteca municipal, clases de árabe, clases de acordeón e un longo etcétera.

Organizada polos Servizos Sociais, a acción tivo como obxectivos dar a coñecer os conceptos básicos de intelixencia emocional e o repertorio de habilidades persoas e interpersoais que a integran, entender a importancia do manexo da intelixencia emocional nas relacións persoais e cun mesmo, e mellorar as xestións das emocións das tarefas asignadas ás persoas voluntarias para conseguir harmonía e equilibrio no seu labor.